sábado, 22 de diciembre de 2012

Logo de adentrarnos na prehistoria; no coñecemento do lume, a caza de mamuts, a vida en covas e máis tarde en castros, visitando a maqueta que fixeron os rapaces e rapazas de 4º, decidimos que a vida alí era moi perigosa e dura, polo que imos dar un paso máis na historia e ir cara a unha civilización con elementos moi interesantes: pirámides, momias, tesouros, faraóns..... e que coma nós xa sabían escribir. Aprenderemos e  divertirémonos moito no segundo trimestre, pero mentres chega imos recordar como nos transformamos en homes e mulleres prehistóricos e deixamos as pegadas das mans e pinturas rupestres na nosa cova. Boa viaxe ó pasado!!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Hoxe nos visitaron os tres Reis Magos na escola, e que mellor ocasión que escribir as nosas peticións e dárllelas en man. Aínda que impresionan un pouco de lonxe o achegarnos foron moi amables e agasalláronnos con caramelos. Todos pensamos que nos van a traer todo o que pedimos, ou case todo... O que si é seguro e que fomos moi, moi bos.



viernes, 16 de noviembre de 2012

Hoxe celebramos o MAGOSTO!!!

No patio de 4 anos recollimos as castañas que asaron os castañeiros  e castañeiras. Cos nosos cucuruchos na man fomos a comelas o noso patio. Estaban moi boas e á maioría  soubéronnos riquííísimas, outros, esperarán a probalas o vindeiro magosto e, mentras, axudan os seus compañeiros/as a sacarlle a tona.

MAGOSTO

lunes, 5 de noviembre de 2012




O mércores disfrázamonos e asustamos a toda a escola.
A que damos moito medo...?

                                     SAMAÍN
Para celebrar o Samaín fixemos unha brebaxe terrorífica, UNHA XELATINA MONSTRUOSA, con araña incluída. Os pais e nais tamén participaron nesta festa con tartas e chuches de medo.





jueves, 20 de septiembre de 2012


Benvidos á Xanela dos Vermes!!!
Se vos asomades a ela compartiredes os nosos soños, ilusións, pescudas e logros.
Durante este derradeiro curso de Educación Infantil deixaremos aberta a xanela da nosa aula para que entren nela opinións, historias, contos,sentimentos e celebracións que nos fagan madurar e mellorar, pero sobre todo, disfrutar!