sábado, 22 de diciembre de 2012

Logo de adentrarnos na prehistoria; no coñecemento do lume, a caza de mamuts, a vida en covas e máis tarde en castros, visitando a maqueta que fixeron os rapaces e rapazas de 4º, decidimos que a vida alí era moi perigosa e dura, polo que imos dar un paso máis na historia e ir cara a unha civilización con elementos moi interesantes: pirámides, momias, tesouros, faraóns..... e que coma nós xa sabían escribir. Aprenderemos e  divertirémonos moito no segundo trimestre, pero mentres chega imos recordar como nos transformamos en homes e mulleres prehistóricos e deixamos as pegadas das mans e pinturas rupestres na nosa cova. Boa viaxe ó pasado!!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Hoxe nos visitaron os tres Reis Magos na escola, e que mellor ocasión que escribir as nosas peticións e dárllelas en man. Aínda que impresionan un pouco de lonxe o achegarnos foron moi amables e agasalláronnos con caramelos. Todos pensamos que nos van a traer todo o que pedimos, ou case todo... O que si é seguro e que fomos moi, moi bos.