domingo, 17 de febrero de 2013


E por fin chega a hora de amosar o noso baile exipcio, animádevos e bailade con nós.





viernes, 8 de febrero de 2013

Con febreiro... chegou o Entroido, e as rúas de Arteixo enchéronse de estrelas, ratiños, xardiñeiros...e sobre todo de exipcios, case 150 exipcios e exipcias desfilaron preto do río (que aínda que non é o Nilo gústanos moito), ante as miradas de nais, pais, avós e amigos. Logo deste largo paseo tivemos que repoñer forzas degustando filloas, orellas e rosquillas. O rematar a merenda invitamos os nosos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de Educación Infantil a ver o noso baile exipcio... Despois da experiencia do ano pasado con Grease non queda ningunha dúbida... o noso é o baile.