martes, 25 de junio de 2013
Ola familias, chegou o final desta etapa e so me queda reiterar o meu agradecemento por estos tres anos de confianza, comprensión e participación. Gracias por axudarme na tarefa que emprendimos xuntos aló polo ano 2010, na que iniciamos un longo camiño cara o coñecemento, o descubrimento e a ilusión . Gracias!!!
domingo, 5 de mayo de 2013
domingo, 28 de abril de 2013
Como unha imaxe vale máis que mil palabras aquí vos deixamos as das últimas actividades deste terceiro trimestre: o grupo Batimbo, que nos visitou co gallo da semana multicultural, un contacontos para inaugurar a nosa nova biblioteca, a visita a Bonilla e una actividade de baile. Como vedes estamos moi, moi ocupados!
miércoles, 3 de abril de 2013
domingo, 24 de marzo de 2013
E co fin do trimestre despedímonos de Exipto e continuamos o noso paseo pola historia. O vindeiro trimestre seremos príncipes, princesas, raiñas, cabaleiros... viviremos en castelos e descubriremos a Idade Media.
Pero sempre que pasemos polo corredor acordarémonos de Exipto, o río Nilo, as pirámides e como non dos sarcófagos e as momias nos que como vedes nos atopamos moi cómodos.
Pero sempre que pasemos polo corredor acordarémonos de Exipto, o río Nilo, as pirámides e como non dos sarcófagos e as momias nos que como vedes nos atopamos moi cómodos.
Para rematar o trimestre disfrutamos dunha saída a un contacontos na biblioteca municipal, fomos no autobús e aínda que o recorrido é moi curto danos tempo para amosar ós nosos compañeiros onde vivimos, por onde paseamos ou lugares que coñecemos de Arteixo. Na biblioteca reímonos moito co conto que nos falaba dos monstros que as veces nos parece ver cando se achega a noite e a maneira que tiña Sergio, o protagonista da historia, de vencelos. Tamén nos gustou escoitar como a mamá osa ensináballe ó osiño o bonita que pode ser a noite. O chegar á escola debuxamos os monstros da historia de Sergio ou os inventados por nós. Definitivamente, gústanos que nos conten contos...
domingo, 17 de febrero de 2013
viernes, 8 de febrero de 2013
Con febreiro... chegou o Entroido, e as rúas de Arteixo enchéronse de estrelas, ratiños, xardiñeiros...e sobre todo de exipcios, case 150 exipcios e exipcias desfilaron preto do río (que aínda que non é o Nilo gústanos moito), ante as miradas de nais, pais, avós e amigos. Logo deste largo paseo tivemos que repoñer forzas degustando filloas, orellas e rosquillas. O rematar a merenda invitamos os nosos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de Educación Infantil a ver o noso baile exipcio... Despois da experiencia do ano pasado con Grease non queda ningunha dúbida... o noso é o baile.
miércoles, 30 de enero de 2013
Hoxe 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ. Coas nosas mans reunímonos con todos os compañeiros do colexio para escoitar frases alusivas á Paz, o encargado de ler a do noso nivel foi Manuel A continuación cantamos a canción "Que canten los niños" e presenciamos a solta de pombas. Para rematar entrégaronse ós membros do concello os xoguetes que gracias a vosa solidariedade donaranse a unha ONG.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)