domingo, 24 de marzo de 2013

Para rematar o trimestre disfrutamos dunha saída a un contacontos na biblioteca municipal, fomos no autobús e aínda que o recorrido é moi curto danos tempo para amosar ós nosos compañeiros onde vivimos, por onde paseamos ou lugares que coñecemos de Arteixo. Na biblioteca reímonos moito co conto que nos falaba dos monstros que as veces nos parece ver cando se achega a noite e a maneira que tiña Sergio, o protagonista da historia, de vencelos. Tamén nos gustou escoitar como a mamá osa ensináballe ó osiño o bonita que pode ser a noite. O chegar á escola debuxamos os monstros da historia de Sergio ou os inventados por nós. Definitivamente, gústanos que nos conten contos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario